Logos Multilingual Portal

Select Language



[ No Biography for this Author ]

a educación é algo marabilloso, mais ás veces convén lembrar que non todo o que paga a pena se pode ensinar
a opinión pública é unha tentativa de organizar a ignorancia da xente e de alzala á dignidade coa forza física
a única misión das clases populares é dar bo exemplo
a verdadeira vida adoita ser a que non vivimos
admiro os homes con máis de setenta anos; ofrecen sempre ás mulleres un amor para toda a vida
adoro os partidos políticos: son os únicos lugares que quedan onde as persoas non están a falar de política
as mulleres ámannos polos nosos defectos. Se temos de máis, perdóannos todo, mesmo os nosos xigantescos intelectos
ás veces podemos pasar anos sen vivir en absoluto e, de súpeto, a nosa vida enteira concéntrase nun só intre
basta con mellorar unha persoa para arruinala
cada vez que algúen está de acordo comigo, teño sempre a sensación de estar enganado
calquera pode simpatizar co sufrimento dos amigos mais compre ser dunha natureza extraordinaria para simpatizar cos seus exitos
como a humanidade non sabía para onde ía, xusto entón vai atopar o seu camiño
é verdadeiramente monstroso que a xente diga cousas de min, ás miñas costas, que son absolutamente certas
en xeral, digo o que penso, mais hoxe en día é un erro porque podo ser malinterpretado
este suspense é terribel; espero que dure
experiencia é o nome que damos ás nosas equivocaciones
habiamos estar sempre namorados, é por iso que non habiamos casar nunca
hai dúas castes de homes, os xustos e mais os inxustos. Esta división vén feita polos xustos
hai que xogar limpamente, sempre que se teñan boa cartas
hai só unha cousa peor no mundo ca que falen dun mesmo, e é que non falen
Mentres a guerra sexa considerada unha cousa mala, ha ter sempre a súa fascinación. Así que sexa considerada vulgar, perderá a súa popularidade
nas cuestións de importancia vital, o esencial é o estilo, non a sinceridade
neste mundo hai só dúas traxedias; unha é consiguir o que se quere, a outra é non o conseguir
Non creo nos milagres porque teño visto moitos
non deas nunca explicacións. Os teus amigos non as precisan e os teus inimigos non as habían crer
non hai nada como a devoción dunha muller casada. É algo que ningún home casado coñece en absoluto
non son novo abondo como para sabelo todo
o amor non é cego, é présbite: a proba é que comeza a ver as chatas a medida que se afastan
o deber é o que esperamos dos outros
o egoísmo non consiste en vivir tal e como desexamos facelo, senon en querer que os outros vivan como nós desexariamos
o home é un animal racional que sempre perde o tino cando se lle pide que actúe baixo os ditados da razón
o público ten unha curiosidade insaciábel de sabelo todo, agás o que paga a pena saber
o segredo da feliciade é ceder ás tentacións
o traballo é o abeiro daqueles que non teñen nada mellor que facer
os grandes acontecementos do mundo teñen lugar no cerebro
os rapaces de hoxe en día pensan que o diñeiro é todo e cando medren saberán que é así
ouh! non uses grandes palabras, significan tan pouca cousa
perdoa sempre ós teus inimigos, non hai cousa que máis os amole
pesimista é aquel que cando ten que escoller entre dous males, escolle os dous
pódese admitir a forza bruta, mais a razón bruta é inaturable
préstame falar. Ás veces falo comigo mesmo para me sentir falar. Por veces, son tan intelixente que non entendo o que me digo
que tiveras unha gran educación é hoxe unha grande desavantaxe, xa que nos exclúe de moitas cousas
quen, sendo amado, é pobre?
se queres saber o que realmente quere dicir unha muller, mira para ela, non a escoites
só podemos dar unha información imparcial sobre as cousas que non nos interesan. Esta é sen dúbida a razón pola que as opinións imparciais non teñen valor ningún
son moitas as cousas que se habían tirar de non ser polo medo a que alguén as puidera apañar
temos moito en común cos estadounidenses, excepto, claro está, a lingua
temos que ser modestos e lembrar que os demais son inferiores a nós
teño gostos sinxelos. Satisfágome co mellor
todo é perigoso, mais se non fose así, non pagaba a pena vivir
un cigarro é o exemplo perfecto de perfecto pracer. É exquisito e déixao a un insatisfeito. ¿Que máis se pode pedir?